Hai catro anos o PSOE non logrou facerse un oco na corporación de Soutomaior por tan só uns votos. Neste 28M si foron quen de acadar ese representante o que permitirá a súa cabeza de lista ocupar o cargo de concelleira. Amosa a súa satisfacción polo resultado do seu partido e tamén polo cambio que se aveciña para a localidade.
Sobre o papel que vai desenvolver na sesión de investidura, nun concello no que o BNG ten 6 representantes e o PP outros seis, explica que “na campaña prometemos cambio neste concello e ese cambio será máis doado co BNG a o fronte, pero as nosas decisión non as tomaremos en base a partidos senón en función de programas”. Da a entender así que “malia que non existen negociación sao respecto” todo apunta a que o seu voto na futura investidura non complicará a chegada a alcaldía do nacionalista Manu Lourenzo a alcaldía.