A marcha sairá o sábado ás 17.30 horas da Casa do Concello ata á Punta da Praia de Cesantes para regresar a casa consistorial.
Por terceiro ano consecutivo a Concellería de Xuventude e Cultura de Redondela en colaboración coa Deputación de Pontevedra organiza a Festa da Bicicleta. Unha marcha apta para todas as idades que se celebrará o sábado a partir das 17.30 horas. O percorrido comezará na Casa do Concello para dirixirse polo centro urbano da vila ata á Punta da Praia de Cesantes onde se dará a volta para regresar a casa consistorial. Todos aqueles que desexen participan poderán anotarse a partir das 17.00 da xornada do sábado no lugar de saída. Como todos os anos, haberá premios para o máis veterano, a familia máis numerosa e a bicicleta máis orixinal. Ademais, entre os participantes sortearase unha bicicleta mountáin bike e cascos protectores.