Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seminarios para a mellora empresarial do sector hostaleiro e do pequeno comercio na Asociación de empresarios

RR_Noticias

Estes seminarios levaranse a cabo no Convento de Vilavella os días 22, 23 e 24 de setembro.  

A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con Bic Galicia Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, realizará durante esta semana diversos seminarios de mellora empresarial destinados ao pequeno comercio e ao sector hostaleiro. Os seminarios destinados ao pequeno comercio centraranse no sistema de arbitraxe e as follas de reclamación mañá martes día 22 en horario de 20:30-22:30 horas, mentres que o xoves no mesmo horario abordaranse as ventas especiais como rebaixas, saldos, promocións e liquidacións. Por outra banda os seminarios destinados ao sector hostaleiro abordarán a diversificación da oferta como xeito de mellorar a rendabilidade dos negocios coa inclusión de novas actividades e a captación e fidelización de clientes. Serán os días 22, 23 e 24 de setembro en horarios de 17:30-19:30 horas. Para máis información poden contactar coa Asociación nos teléfonos 986404012 ou 986401496.

Julia Alonso
Os cursos buscan fidelizar ao cliente e diversificar ao oferta dos negocios locais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará