A actividade, organizada polas bibliotecas de Redondela en colaboración coa agrupación Rías Baixas, terá lugar o venres no parque a carón do Piñeiral do Crego
As bibliotecas de Redondela en colaboración coa agrupación astronómica Rías Baixas quérese sumar á celebración do ano internacional da astronomía. Por este motivo convidan a todos os que o desexen a participar este venres nunha observación pública das estrelas que terá lugar ás 22:00 horas no parque do Piñeiral do Crego en Chapela. Os membros da agrupación amosarán as costelacións, astros e planetas a través de telescopios que achegarán para a ocasión. No caso de que as condicións climáticas non sexan axeitadas para realizar a actividade ao aire libre realizarase unha sesión de astronomía virtual no multiusos de Chapela. Cita astronómica polo tanto o día 25 ás dez da noite aberta a todo o público en xeral.