Esta popular competición, organizada polo Club Redondela FS en colaboración co Concello de Redondela, celebra a súa 47 edición do 3 ao 22 de xullo nas categorías sénior e cadete mixto. O prazo para participar está aberto ata o 25 deste mes.
O ano pasado foi un éxito de participación con 60 equipos distintos e este ano esperase supere esta cifra. Como en calquera competición hai uns requisitos a seguir para poder participar. No caso da categoría sénior o prezo de inscrición é de 100 euros por agrupación e 20 euros por xogador. Neste rango de idade os premios son de 300 euros polo primeiro posto e de 150 polo segundo, ambos con trofeo para o recordo.
Na categoría de cadete mixto, aqueles nados entre 2007 e 2008, terán que pagar soamente os 20 euros por xogador e cubrir o seguro medico obrigatorio. Neste caso non hai premio monetario, pero si haberá entrega de trofeos para o primeiro e segundo posto.
En ambas categorías é obrigatorio aboar o seguro médico e precísanse un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 15 para conformar equipa. Para máis información esta a disposición o número de teléfono 604 10 53 46 e o correo electrónico redondelafs@gmail.com.