Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello mediará ante a Xunta para que a Coral conte cun local de ensaio no centro da 3ª idade

RR_Noticias

O concello solicitará á Consellería de Benestar Social que se lle garanta á Coral Alvedosa o uso das instalacións do Centro sociocomunitario de Redondela. Así o acordaron onte os grupos municipal de PSOE, BNG e Partido Galeguista, logo de acusar á líder do PP local e directora do Centro Franscisca Canal, de carecer de cintura política para solucionar un conflito que ten aberto dende hai semanas cos membros da agrupación musical.

O debate produciuse baixoa a atenta mirada dos membros da Coral que se atopaban no salón de plenos e que daban así un paso máis na demanda que veñen facendo dende hai semanas: que se lles garanta por escrito que unha vez rematados os traballos no centro da terceira idade contarán cun local onde poder realizar os seus ensaios tan e como veñen facendo dende hai máis de 20 anos. A líder do PP criticou que se levara este debate ao pleno “xa que non é competencia municipal” e acusou ao goberno local de politizar o tema “cando non se preocupan pola terceira idade e non fan nada polos maiores do municipio”. Destacou que as súas prioridades como directora do centro son as persoas dependentes e as obras que se están a desenvolver no centro por valor de 150.000 euros e emprazou ao goberno a ceder o Multiusos da Xunqueira como lugar de ensaio para o grupo. O voceiro do PSOE, Emilio González Iglesias garantiu na súa intervención o uso do multiusos no caso de que así o soliciten e criticou a “incompetencia de Canal para dirixir un centro de 500 socios” acusándoa de confundir a súa labor política co seu traballo como funcionaria. Engadiu que o asunto politizouno a propia Canal cando saíu nos medios de comunicación acusando publicamente ao goberno de manipular aos membros da coral. Pola súa banda, o nacionalista Carlos Pazos pronosticou unha rápida solución ao conflito “porque en breve a directora do centro recibirá unha chamada da administración apremiándoa para que resolva o problema” e apostou polo diálogo entre as partes enfrontadas para que se reconduza o tema e a coral “conte cun local nunhas instalacións públicas para desenvolver unha actividades que xa é histórica”. Finalmente, cos votos en contra do PP, a corporación aprobou mediar ante Benestar para que a Coral conte, en canto rematen as obras, cun local nas instalación do Centro onde desenvolver os seus ensaios. Expropiacións Aprobáronse ademais no pleno outros asuntos como a expropiación de terreos en Trasmañó para a construción do novo colector xeral de saneamento na zona alta da parroquia que permitirá dotar de rede sumidoiro unhas 200 vivendas. Tamén se deu luz verde á expropiación de leiras para a construcción dun camiño que comunicará a rúa Campo de Fútbol coa zona dos colexios en Santa Mariña

Paqui Canal PP
A voceirad o PP e directora do centro acusou ao goberno local de politizar o asunto da coral
Emilio González Iglesias PSOE
Os socialistas afirman que o problema débese a que a directora do cenro confunde as súas responsabilidadese políticas co seu traballo de funcionaria
Carlos Pazos BNG
Reclama pronostica unha solución a curto prazo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará