Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Concellería de Servizos Socias retoma o programa “Compartindo o Tempo”

RR_Noticias

Unha iniciativa que puxo en marcha o departamento de Rosa Costas no 2007 para implicar por igual a homes e mulleres nas tarefas do fogar como eixo fundamental das políticas de igualdade.

O Departamento de Servizos Socias organiza, dentro do programa “Compartindo o Tempo” un curso de “Aforro e imaxinación na organización do fogar” que estará composto por cinco módulos nos que os mozos e mozas que asistan poderán aprender a lavar, secar, pasar o ferro da roupa así como mellorara a súa conservación. Tamén se impartirán coñecementos básicos sobre costura, organización e hixiene no fogar, economía, alimentación e cociña ademais de electricidade na vivenda. Deste xeito a Concellería de Servizos Sociais continúan con esta iniciativa que se puña en marcha no 2007 cun curso de cociña para homes e mulleres e que un ano despois tiña a súa continuación nun taller de habilidades no fogar destinado aos mozos. O curso impartirase os martes de 19 a 21 horas e os venres de 19.30 a 22 horas. Os interesados poden inscribirse nas oficinas situadas na rúa Isidoro Queimaliños nº 2.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará