O 6 de outubro chega a “Lingua Máxica” ao Multiusos de Redondela, un espectáculo para promocionar o galego entre os rapaces de 9 a 12 anos. Os cen primeiros participantes recibirán un libro de agasallo.
O espectáculo enmárcase dentro do programa “Bocaberta” de dinamización da lingua que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta está a desenvolver en distintos concellos galegos. O mago Chrystian Magic será o encargado de dirixir “A Lingua Máxica”, unha actuación destinada a rapaces de entre 9 e 12 anos que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre a poboación máis nova. Ademais contará coa colaboración da Editorial Everest que presentará o libro “O sorriso de Rosalía”, como material de apoio. Os cen primeiros nenos que participen neste espectáculo, no que colabora o Concello de Redondela, recibirán como agasallo un exemplar. O espectáculo celebrarase o día 6 de outubro, no Multiusos da Xunqueira, a partir das 18.00 horas. A entrada é de balde.