Na noite de onte producíase unha detención dobre na parroquia de Vilar, debido a liorta entre un home e unha muller, ambos os dous residentes na zona. Na xornada do martes era detida unha veciña de Vigo tras ser identificada a raíz dunha extracción ilegal de marisco na praia de Arealonga, decatándose a policía de que á muller lle constaba unha orde de busca e detención por un Xulgado de Vigo.
A Policía Local de Redondela informa da detención na noite de onte dun home de 57 anos e unha muller 51, ambos os dous veciños de Vilar de Infesta. Os feitos producíronse ao redor das dez da noite cando se recibía unha chamada na Policía Nacional por un posible caso de violencia de xénero. Ata o domicilio dos protagonistas desprazouse unha patrulla da policía local e da nacional. Unha vez no lugar comprobaron que os dous implicados na liorta presentaban lesións polo que foron trasladados a comisaría e hoxe pasarán a disposición xudicial.
Detención en Chapela
Na xornada do martes tamén foi detida outras persoa, neste caso unha muller veciña de Vigo, tras acudir a praia de Arealonga unha patrulla da policía local tras recibir un aviso dun posible caso de furtivismo neste areal. Os axentes procederon a investigar a dúas mulleres que se atopaban mariscando na praia de Chapela, decatándose ao identificalas, que unha delas contaba cunha orde de busca e detención por un xulgado de Vigo.