Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutoxuste celebra as Festas do Carme

verbena soutoxuste

Logo de meses de traballo xa está todo preparado en Soutoxuste para a celebración das súas festas na honra da Virxe do Carme, Unha festa na que non faltará a música, a gastronomía e a troula malia que traballan cun orzamento moi axustado porque se financian co que achegan os veciños de barrio “nos non imos pedir polas parroquias e tentamos tirar de actuacións musicais máis modestas ou da zona pero que garanten igualmente a diversión aos asistentes”.

A primeira das xornadas será este venres con actos relixiosos ás 20:30 horas e música a cargo da artista local Marcela para animar unha velada na que se poderán degustar completamente de balde uns mexillóns preparados na praza do Meixoeiro. Rosario Alonso Araujo é a presidenta da comisión de festas

O sábado haberá tamén actividades en horario de tarde con música do grupo de gaitas Asubíos e o concerto da orquestra de Saxos de Redondela  e na curva morta na N-550 terá lugar a verbena a cargo de Dúa Explosión e Trío Arena.

O domingo a festa arrancará xa pola mañá coa Charanga Sacacorchos e a posterior procesión e misa na honra da Virxe do Carme que ten como “é a única procesión do Carmen en toda Galicia na que a virxe non vai por mar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará