Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Monte Penide-Mirallo, primeira parada do programa “Roteiros con historia”

monte penide

Foto: Noso Cooperativa

Nova edición dun programa organizado dende o Concello de Redondela co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio naturla e arqueolóxico. A primeira das propostas será unha ruta por Monte Penide-Mirallo facendo parada nos seus xacementos e restos arqueolóxicos. Unha actividade de balde que combina o sendeirismo co coñecemento do territorio. As persoas interesadas tan só teñen que achegarse ás dez da mañá do domingo 16 ao campo de fútbol de Cabeiro, lugar dende onde partirá o percorrido.

Rita Pérez, Concelleira de turismo

Unha actividade ao aire libre de baixa intensidade ao tempo que coñecemos a historia do patrimonio nas diferentes paradas que se irán facendo no percorrido. En total, un percorrido de 10 kilómetros de dificultade baixa que o fan accesible a case todo o mundo que queira participar. O único que hai que facer é achegarse este domingo ás dez da mañá no campo de fútbol de Cabeiro.

Unha actividade enmarcada no programa roteiros con historia que organiza a Concellería de turismo e que inclúe tres propostas máis: o 29 de xullo unha ruta nocturna aos petróglifos de Ventosela, o domingo 27 de agosto unha ruta ao patrimonio histórico de Rande e o sábado 2 de setembro unha nova andaina nocturna neste caso ao petroglifos de Monte Penide.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará