Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercedes Peón e Xurxo Fernandes poñen música ao Día de Galicia en Redondela

25xullo

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela acompañada da concelleira de cultura, Rita Pérez

O Concello de Redondela organiza dúas cita de carácter musical de cara a vindeira semana co gallo da celebración do 25 de xullo. Así, na véspera do Día da Patria o paseo marítimo de Chapela acollerá o concerto “Deixaas!” de Mercedes Peón mentres que o propio día 25, logo do acto institucional que se desenvolverá na Alameda, a cita será na praza de Ponteareas co espectáculo “Levaino!” de Xurxo Fernándes.

A alcaldesa, Digna Rivas, salientan que dende a súa chegada a alcaldía “desdobramos os actos para que esta data tan especial para todos os galegos e galegas se poida celebrar tanto no centro da vila como na parroquia de Chapela”. Precisamente será no paseo marítimo desta parroquia onde terá lugar o concerto a cargo de Mercedes Peón co espectáculo Deixaas, no que sen abandonar a base tradicional, inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza e composicións nas que traballa coa palabra poéticia.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

No propio Día de Galicia o espectáculo correrá a cargo do coruñés Xurxo Fernándes. O músico e investigador achega no álbum Levaino! unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva mistúranse co exotismo das terras orientais. A tradición oral galega, acompañada dun instrumento representativo desta como é a pandeireta, é a base e o punto de encontro de creacións sonoras que se nutren doutras tradicións, acompañados de arranxos singulares e dunha instrumentación moderna que se introduce dun xeito natural.

Previamente, ás 20:00 horas do martes terá lugar o Acto Institucional coa lectura do manifesto na Alameda Castelao que correrá a cargo da rapazada que está a participar nestes días no Campamento de Conciliación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará