O acompañamento domiciliario é unha das actividades que desenvolven as persoas voluntarias que traballan con Cruz Vermella en Redondela. O obxectivo desta acción é mitigar a soidade de maiores que viven sós “aos que se lles visita para realizar actividades tan sinxelas como xogar as cartas, ver a televisión en compañía, charlar”. Malia que son tan só unhas horas ao mes supón un apoio importantísimo para os usuarios que son “persoas que viven soas e que teñen moi pouca familia” e supón un complemento ás chamadas que reciben todas as semanas para falar e coñece como se atopan. A responsable de Cruz Vermella Redondel,a Diana Freire, explícanos en que consiste esta acción de voluntariado
Unha labor que adoitan facer voluntarios que xa levan tempo colaborando con Cruz vermella e que son de confianza e “casan” cos maiores aos que acompañan.
A día de hoxe son ao redor de 25 as persoas que presentan un perfil moi variados, dende mozos e mozas de tan só 17 anos que está a colaborar con actividades dirixidas a xuventude e outro grupo de entre 45 e 60 anos “persoas que intentan compatiblizar os seus traballos con esa acción de voluntariado que lles require tan só dunhas horas ao mes para botar unha man”.
As persoas que estean interesadas en colaborar poden achegarse a cruz vermella nos baixos da Casa da Cultura de Redondela ou chamar ao teléfono 986 325600.