Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida en Redondela unha peregrina tras agredir a súa parella

nueov roalty

A muller, de 49 anos de idade e residente en Suiza malia ser de orixe andaluza, foi detida polos axentes da Policía Local esta madrugada logo de protagonizar varios incidentes que arrancaron no local Novo Royalty e que continuaron na rúa ata ser detida. A continuación foi  trasladada a comisaría e pasará hoxe a disposición xudicial acusada dun delito de agresión e malos tratos no ámbito familiar.

Os feitos comezaron no local Novo Royalty no número 1 da rúa Ernestina Otero. A muller, que estaba en Redondela co gallo de realizar o Camiño de Santiago acompañada da súa parella, un mozo de 43 anos, comezou a agredilo. O propietario do local e testemuña do que estaba a acontecer, decidiu intervir para tentar calmala, recibindo tamén el unha puñada no estómago. Dende este locla de hostalaría chamaron ás 23:45 horas á Policía Local para alertar do que estaba a acontecer polo que unha patrulla de axentes trasladouse á zona, localizando a muller quen presentaba evidentes signos de atoparse baixo os efectos do alcohol, xa na rúa.

A moza, visiblemente alterada, tirou unha moto estacionada e enfrontouse aos axentes aos que lles dirixiu insultos cando procederon a súa detención. O varón, malia presentar pequenas feridas causadas supostamente pola detida, non presentou denuncia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará