A nova proposta deportiva contempla tamén actividades de mergullo e sendeirismo. Por outra banda súmanse ás escolas deportivas novas modalidades como o rubgy, o fútbol sala e o skate e ao deporte de adultos a marcha nórdica. O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe 13 de setembro ata o 21.
A programación deportiva de soutomaior chega con grandes novidades, como é o Outono Aventura. Un programa que acollerá actividades tales como barranquismo, rutas de sendeirismo, mergullo e rafting. Así as primeiras citas deste outono chegarán a finais deste mes coa Rutiña polas orillas do río Oitavén, o 23 de setembro;o rafting do río Miño, o 24 de setembro; sendeirismo Ruta nocturna de Cabo Home, o 29 de setembro;barranquismo o 30 de setembro ou o mergullo que chegará o 14 e 15 de novembro. Todas estas actividades recollidas neste programa teñen un carácter puntual e teñen unha cota de participación máxima e mínima.
Dentro das escolas deportivas destacan como novidade o skate, que se desenvolverá no novo SkatePark de Soutomaior e están destinadas a pequenas e pequenos de entre 4 a 12 anos, o fútbol sala para mozas e mozos de entre 10 a 16 anos, e o rugby, pendente de confirmar horarios nos vindeiros días. Ademais, o Concello de Soutomaior tamén vai lanzar novidades en canto a deportes para adultos, como a marcha nórdica.
O prazo de inscrición ábrese hoxe e se poderán realizar ata o 21 de setembro. O Concello de Soutomaior informa que as familias interesadas poderán consultar toda a información no pavillón da Montesiña, e nos vindeiros días tamén se subirá á páxina web do Concello de Soutomaior. O horario do pavillón para facer as inscricións de maneira presencial os luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00 e os martes e xoves de 18:00 a 22:00.