Dende a Fundación Formavigo organizan o obradoiro Actívate para o emprego dentro do programa da Deputación de Pontevedra e o apoio do concello.
Este acción formativa arrancará o 17 de outubro e desenvolverase os luns e martes de 9:30 a 12:00 no Multiúsos da Xunqueira ata inicios de decembro. As mulleres participantes aprenderán como preparar unha entrevistas de traballo, onde e como buscar ofertas de empregos, aprenderáselles técnicas para mellorar o seu currículo e a ter unha maior confianza á hora de presentarse a unha oferta laboral.
Inscrición aberta no teléfono 660233481 ou no enderezo electrónico info@fundacionformavigo.com.