As persoas interesadas en participar nesta actividade que quere ser un atractivo máis dentro da Conmemoración da Batalla de Rande deben inscribirse na oficina de turismo, no enderezo turismo @redondela.gal ou no teléfono 986 401713. A xincana desenvolverase o sábado 14 ás 19:15 horas despois do desfile que arrancará ás 18:30 horas.
A programación principal da X edición da Conmemoración da batalla de Rande terá lugar na fin de semana dos días 21 e 22 de outubro na contorna do Meirande, pero será este sábado 14 cando teñan lugar os actos previos no centro da vila.
Está previsto un desfile polo centro da vila e unha representación final na Praza da Casa da Torre con algunhas das escenas da batalla naval que enfrontou as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa o 23 de outubro de 1702 na ría de Vigo. Ademais para animar a participación, haberá nesta edición unha xincana ‘Busca do tesouro’ polo casco histórico da vila baixo a dirección de Mónica Sueiro, unha proposta que persegue facer nesa fin de semana previa “algo máis festivo e interactivo”.
Organizada pola Asociación deportiva e cultural de Rande xunto co Concello, as persoas interesadas en participar deberán inscribirse na oficina de turismo.