Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas valora a colaboración coa Xunta para a posta en marcha de novas liñas de autobús nas parroquias

reunión

Redondela estuda a viabilidade das alternativas ao transporte escolar propostas pola Xunta de Galicia. Entre elas apuntan a posta en marcha das liñas SIMU (Servizo de Interese Municipal) para conectar o centro da vila coas liñas de Vilar-Porto Cabeiro, Reboreda e Cesantes. Outra posibilidade para resolver a necesidade da rapazada de se desprazar aos institutos a cursar Bacharelato ou ciclos, pasaría por un convenio coa Asociación de Taxistas de Redondela para dar este servizo a demanda.

Así o afirmou a alcaldesa Digna Rivas tras reunirse cos responsables provinciais de Ensino e Mobilidade, César Pérez Ares e María Martínez, nunha xuntanza na que tamén se abordou a posibilidade de desdobrar un aula en Reboreda ante o elevado número de alumnos e as características particulares que presenta.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que unha das problemáticas máis urxentes no eido educativo pasa por solucionar as deficiencias do transporte escolar que impide ao alumnado de Bacharelato e ciclos desprazarse dende as parroquias aos institutos Pedro Floriani e Mendiño.

A alcaldesa sinalou como posibles solución a posta en marcha das liñas SIMU (Servizo de Interese Municipal), para conectar o centro da vila coas liñas de Vilar-Porto Cabeiro, Reboreda e Cesantes “un sistema que haberá que estudar pormenorizadamente desde o Concello”.

Neste sentido adiantou que os servizos municipais xa están a traballar “para analizar os horarios, as rutas e prazas necesarias para os usuarios do servizo”. Outra posibilidade pasaría por un transporte a demanda ou un convenio coa Asociación de Taxistas de Redondela.

Na reunión celebrada onte César Pérez Ares comprometeuse a analizar a situación dunha das aulas de primeira do Colexio de Reboreda. Dende o centro así como a Asociación de pais e nais veñen reclamando o desdobramento desta aula, atendendo ao elevado número de alumnos que presentar así como ao feito de que seis deles presenten necesidades educativas especiais. Os responsables municipais confían en que a Consellería atenda a esta petición logo de que Ares se comprometerá a estudalo a fondo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará