Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Danza e música para todas as idades nunha fin de semana pasada por auga

pakolas

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado ás 20:00 horas o espectáculo de danza “O que non se ve” e oferta na xornada do domingo unha actividade orientada ao público familiar con Pakolas e os seus contos coa Ramona Pequena. En Chapela a proposta cultural correrá  a cargo do grupo Airiños do Mar de Teis que celebran o seu X aniversario cun concerto no Piñeiral do Crego.

A Concellería de Cultura oferta esta fin de semana un total de tres actividades que se van desenvolver en Chapela e Redondela. A primeira será ás 19:00 horas do sábado coa agrupación Airiños do Mar de Teis. Os amantes da  canción tradicional galega poderán gozar así dunha actuación moi especial xa que o grupo celebra o seu décimo aniversario con este concerto de balde no Multiúsos de Chapela.

Tamén o sábado pero en redondela, a cita está pensada para os amantes da danza. “Et suseia Danza- o que non se ve. Un espectáculo que busca unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Unha actuación prevista para as 8 da tarde do sábado. E xa o domingo a cita está pensada para a rapazada con artista Paco Cerdeira, máis coñecido polo seu nome artístico “Pakolas” quen presenta o seu novo disco, terceiro en solitario “a Ramona pekena vai a lúa”. Un espectáculo cargado de cores, contos e rock and roll. Ambas as dúas actividades teñen un prezo de 3 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará