Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andrés Fervenza, 36 anos de paixón polo atletismo

WhatsApp Image 2023-11-16 at 16.55.51

O redondelán Andrés Fervenza vén de conseguir o primeiro posto na  XXVI Carreira San Martiño de Bueu na categoría de Veteranos Máster C celebrada o sábado 11 de novembro. Aos seus 55 anos, esta é a décima vez que participa nesta competición e a segunda na que obten o ouro. Polo ano 2002 xa conseguira o título de campión absoluto en San Martiño.

A pesar do mal tempo da xornada, chegar a meta é un obxectivo no que nin a choiva nin o vento pode frear. O circuíto volveu ocupar a Avenida Montero Ríos e a carreira absoluta, con 200 participantes, tivo presenza de deportista de toda a contorna. O trazado era de seis quilómetros, o que corresponde a 3 voltas, e nesta edición houbo un gran nivel. Ademais de Andrés, representaba a Redondela tamén Antón Amoedo que conseguiu o segundo posto na categoría de Veteranos Máster C. O atleta describe a experiencia como “unha gran satisfacción” nun lugar “no que ten moi bos recordos”.

Comezou a correr con 13 anos aproximadamente e era no tempo estival cando competía a nivel local nas carreiras populares do seu pobo natal ,Moscoso. Os adestramentos a nivel profesional chegaron grazas a súa relación con Juan Crespo e Antón Amoedo, dous veteranos redondeláns do atletismo que comezaron este deporte no municipio nos anos 80. Pasou polo club de Beade, a Sociedade Atlética de Valmiñor, e o Club de Atletsmo de Comesaña ata fundar, xunto con outros atletas, o CAR. Neste momento non está na directiva do club redondelán, pero continúa competindo en representación.

Nas carreiras populares no ano 2004 quedou campión galego co club de Valmiñor, para despois presentarse ao Campionato de España en numerosas ocasións na categoría sénior e veterano. “Unha experiencia inesquecible na que compites con atletas olímpicos, algo que é unha oportunidade e un orgullo”. En media maratón ten unha marca de 1h10’40”, en 10.000 metros 32 minutos e en maratón a súa marca destacable é “ horas e 2h43’ minutos.

Para Andrés Fervenza este é un deporte que axuda a superar problemas do día a día, porque “tes que superarte e loitar contra ti mesmo”. Os adestramentos soen ser solitarios neste deporte e dependes das condicións meteorolóxicas que cando son adversas “fante máis forte”.

Por todo isto, recomenda o atletismo a calquera persoa de calquera idade. Non só polos seus beneficios, senón porque é un deporte no que “cando aprendes a técnica necesaria para evitar lesións, practicamente aprendese solo. É unha terapia”. Aconsella “non renderse e adestrar de forma continuada” porque os resultados son satisfactorios, pero tamén apunta que “é importante comezar por zonas cun chan adecuado e non abusar do asfalto. Por iso sería importante ter unha pista de atletismo regulamentaria en Redondela”.

Fervenza é un atleta con experiencia que non ten pensado parar de correr “ata que o corpo aguante”. A seguinte competición na que participa é o 14 de abril no Vig-Bay, a carreira Vigo-Baiona na que leva participando dende a primeira edición e coa que sinte fidelidade por estar “moi ben organizada e respectar aos deportistas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará