Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un partido igualado que acaba en derrota para a Sar Rodavigo

sar patri

Foto: Patri Rivas

SAR Rodavigo 31-32 Santa Cruz de Tenerife

O equipo da división de honra prata Feminina de Redondela recibían esta fin de semana a un dos seus rivais directos na táboa clasificatoria, o BM Santa Cruz de Tenerife. As canarias arrancaron ben cun marcador ao seu favor nos dez primeiros minutos de partido que as choqueiras foron quen de igualar e incluso chegar cunha mínima vantaxe ao tempo de descanso (17-16, min 30).

A segunda parte foi de alternancia no marcador ata chegar ao remate do partido co definitivo 31-32 a favor das visitantes.

Xornada de descanso na vindeira fin de semana. A liga regresa o primeiro sábado de decembro cando as de Redondela se despracen a pista do Lanzarote Puerto del Carmen. A SAR Rodavigo son agora sétimas na clasificación mentres que as súas rivais están situadas na segunda praza do grupo.

Primeira Autonómica

SAR Plastic Omnium 29 – Luceros B 25

Si logrou a vitoria o equipo masculino que se impuxo claramente ao Luceros nun partido disputado na bomboneira. Unha vitoria por 29-25 que mantén ao equipo de Manolo Fernández na parte alta da táboa, son segundos a tan só un punto do líder.

Poio Artai 33-29 Balonmán Chapela

O Chapela non foi quen de vencer ao Poio Artai, equipo que se mantén invicto na cabeza da clasificación. Con tan so 4 puntos o Chapela sitúase na parte baixa da táboa.

A próxima xornada deixaranos un interesante derbi no Pavillón Municipal Manuel González Soto con ese encontro entre Chapela e SAR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará