Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unhas xornadas abordan en Redondela a prevención e o coidado das persoas maiores

maiores

A actividade, organizada dende a Concellería de Maiores e impartida pola Fundación Formavigo contará coa colaboración doutras asociacións que funcionan no concello como Cruz Vermella e Afaga. O obxectivo é achegar aos participantes información sobre os recursos que existen no concello e que favorecen a permanencia dos maiores no fogar así como formaos á hora de realizar os coidados básicos das persoas dependentes.

Fernanda Couñago, Formavigo

O Multiúsos da Xunqueira acolle este martes ás 19:00 horas a primeira das actividades enmarcada nestas xornadas. Consistirá nunha mesa redonda na que se abordarán cuestións como a importancia de que os maiores poidan seguir residindo no seu fogar e os recursos aos que poden acceder que van permitir que isto sexa posible como a teleasistencia ou as visitas ao fogar para controlar a situación da persoas.
Tamén se achegará información sobre actividades que se realizan en Redondela dende diferentes institucións de cara a promover un envellecemento activo.

A mesa redonda repetirase o xoves ás 19:00 horas no Auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela.
Na vindeira semana a enfermeira Ariana Puga será a encargada de impartir dous obradiros de carácter práctico centrados nos Coidados no fogar o luns 27 ás 18:30 horas e nos Primeiros auxilios o mércorres 29 ás 18:30. Explicarase como realizar coiddos básicos das persoas dependentes como poidan ser cambios posturais, aseo e alimentación e tamén se achegarán as claves para poder identificar as primerias sinais de demencias.

O mércores día 29 Puga formará aos asistentes para poder realizar prácticas de primeiros auxilios: unha reanimación cardiopulmonar, como identificar e actuar ante un ictus ou ante un abafamento. Os dous obradoiros serán ás 18.30 horas no auditorio da Xunqueira de Redondela.

A concelleira Pilar Martínez sinala a relevancia destas actividades xa que “co aumento da esperanza de vida as familias teñen que facerse cargo dos maiores e dependente nas casas, compatibilizalo co traballo, adaptar o espazo na vivenda e contar con recursos económicos pola dilatación no tempo do recoñecemento de incapacidade e as axudas institucionais”. Estas xornadas queren ser unha axuda para que as familias coidadoras “poidan ter uns coñecementos básicos para o coidado das persoas dependentes e de primeiros auxilios”, sinala a concelleira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará