Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Sen medo” e “A nena e os tres osos”, contacontos nas bibliotecas de Redondela

concatontos

Dúas actividades para esta semana que se van desenvolver na biblioteca de Redondela da man da Fundación Filomena Rivero Alonso o xoves 30 ás 18:00 horas e na biblioteca de Chapela enmarcada na programación do 25N do Concello de Redondela o venres día 1.

Co gallo de reivindicar o día contra a violencia machistas a Biblioteca de Chapela acolle este venres ás 18:30 horas o espectáculo “Sen medo”, da compañía Trécola Teatro orientado a nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Mª José Villar, Biblioteca de Chapela

Previamente, este mesmo xoves ás 18:00 horas,  desenvolverase o último contacontos do programa “Tardes de Outono. Contos en familia”, organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso, na Biblioteca de Redondela. Nesta ocasión contarase coa presenza de Bea Campos  e o seu espectáculo de narración oral , A nena e os tres osos, orientado a crianzas de 1 a 3 anos.

A actividade tamén é de balde pero é necesaria a inscrición previa a través do correo electrónico: info@tallerabierto.gal ou no whatsapp 617340323.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará