O CR de Cesantes celebra o seu 40 aniversario cunha xuntanza conmemorativa de ex-remeiros, familiares, directivos e socios de tódalas categorías. Na actualidade, o club atópase en plena pretempada para afrontar o 2024 despois dun ano de bos resultados no que conseguiron consolidar a traiñeira masculina na primeira categoría da Liga Galega e a presenza da de veteranos. Ademais, o club logrou en 2023 confeccionar unha traiñeira feminina por primeira vez na súa historia.
O equipo sénior masculino conseguiu librarse dos postos de descenso e as remeiras, a pesar de levar pouco tempo adestrando xuntas, conseguiron un cuarto posto na liga autonómica o que lles permitiu participar na prestixiosa Bandeira da Concha en San Sebastián. Dende a directiva, Felipe Silva, mostrase orgulloso de conseguir os obxectivos propostos para este ano.
As traiñeiras de sénior, tanto a masculina como a feminina, comezaron os adestramentos hai un mes co propósito de prepararse física e técnicamente de cara a nova tempada que comeza en xaneiro. Os veteranos comezarán en maio e no caso da canteira, as categorías inferiores están a terminar de formar os grupos e as embarcacións para saír a competir de cara a febreiro, mes das primeiras competicións de bateis. Segundo Silva a finalidade última é “seguir aloxándose dos postos de descenso e conseguir dar un pasiño máis coa traiñeira feminina para situalas entre as primeiras de Galicia” .
Durante o nadal, como xa é habitual, celebran “o desafío do club”. O día 23 de decembro todas as embarcacións absolutas de Cesantes celebran unha contrarreloxo a modo de primeiro contacto antes das probas oficiais. A regata que iniciará a tempada para o Cesantes é a de Bueu programada para mediados de xaneiro.
A novidade deste ano é o adianto do Campionato de España que trasládase ao mes de xuño, antes das bandeiras autonómicas. Unha decisión da Federación Española de Remo debido ás queixas por parte dos distintos clubs estatais ao coincidir con outras regatas. O CCD Cesantes-Rodavigo considera esta iniciativa “un risco, xa que vas menos preparado”.
O próximo 9 de Decembro O CCD Cesantes- Rodavigo convida a socios e fanáticos do remo a celebrar os 40 anos de éxito do club. A xuntanza terá lugar na Finca Tábata (Redondela) ás 21:30 horas e precisa reserva previa, debido ao aforo limitado e a necesidade de organizar os menús da cea.
Para comprar tickets de asistencia está a disposición o tlfno. 666 530 295. Tamén poden collerse na cantina do Centro Cultural de Cesantes ou a través de calquera membro da directiva do club de Remo.