Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto Xanela do IES de Chapela premiado polas súas Boas Prácticas de Educación Inclusiva

ies chapela

O Instituto de Chapela obtivo a mención de honra nos Premios de Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023 da Consellería de Educación que se outorgaron o pasado 28 de novembro no Congreso Internacional de Inclusión Educativa celebrado en Santiago de Compostela. A iniciativa premiada no IES de Chapela é o proxecto “Xanela”, un proxecto de teatro inclusivo e comunitario baseado nunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo.

Neste proxecto, desenvolvido no cursos 2022-2023 participaron máis de corenta persoas de tres entidades: alumnado e profesorado do IES de Chapela, concretamente, dos ciclos de FP de Atención a persoas en situación de dependencia, Integración social e Educación infantil do réxime de persoas adultas, persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a inclusión de persoas con diagnósticos de saúde mental e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).

Baixo a dirección de Roi Vidal, o proxecto culminou coa estrea o pasado 2 de xuño da obra “Disparos de luz” no multiusos de Chapela, obtendo unha moi boa acollida por parte do público. Con este galardón, a Consellería de Educación recoñece agora o valor deste proxecto na construción dun contorno educativo inclusivo para acadar unha sociedade máis respectuosa e máis democrática.

Xunto ao IES de Chapela tamén foron premiados outros sete centros educativos galegos entre a categoría A (destinada a educación infantil e primaria) e a categoría B (destinada a ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará