Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior estrea o seu “Nadal das persoas” co acendido das luces

souto nadal

Un intenso programa que arrancará co acendido as luces ás 19:30 horas na Alameda de Talo Río. O concerto de Uxía, a Mostra de Nadal, a 1ªcarreira de San SilvestreFest e a Cabalgata de Reis son algúns dos ingredientes cos que contará Soutomaior para unha das épocas máis máxicas do ano que por primeira vez achegará o alumeado de Nadal a todos os barrios da parroquia de Soutomaior”.

Baixo lema O Nadal das Persoas, Soutomaior busca ofrecer “unhas festas solidarias, comprometidas, diversas, inclusivas e accesibles co fin de chegar a todos os veciños e veciñas”. Así o explicaron o alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Comercio e Hostalería, Rosana Comesaña.

Na tarde do sábado, a xornada virá marcada por unha mostra de produtos de Nadal das ANPAS do CEIP Manuel PadínTruiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio en Talo Río, as audición da Escola de Música da Banda Artística de Arcade ás 17:30 no Multiusos, dende ese punto, ás 18:30 arrancará o pasarrúas Par de Dous, de Hípica Celta, que irá ata Talo Río. Será ás 19:30 na Alameda onde terá lugar o acendido de luces coa colaboración dos centros de maior Boas Apertas e de SoutoMaiores. A partir das 20:30 La Duendenta será a encargada de encher de maxia a alameda de Talo Río.

Ente as novidades máis destacadas nesta edición do Nadal está a Mostra de Artesanía que estará en Talo Río do 16 ao 23 de decembro, unha casiña moi especial instalada en Talo Río pola que pasará o Apalpador, Papá Noel e a Carteira Real e a 1ºedición da Carreira San SilvestreFest, para público familiar, que se desenvolverá o 30 de decembro.

Reis Magos

O día 5 de xaneiro virá cargado de moitas citas que comezarán ás 10.30 no concello cun contacontos de Tamara Campos, a recepción e visita do Reis Magos no concello ás 11:00h., posterior visita aos barrios de Soutomaior. Xa pola tarde ás 17:00 terá lugar a Cabalgata de Reis dende o Calvario ata Talo Río, e, a partir das 18:00 h. comezará a recepción real na Alameda de Talo Río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará