Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un empate e unha derrota para o CD Choco

405862962_669045105214261_2162371672177061534_n

O partido do domingo entre o equipo sénior CD Choco e o Atlético Arnoia, celebrado no campo do rival, rematou en empate (2-2). Os de Redondela salvaron un punto na Queixeira. Na recta final un gol de Yago impediu a vitoria dos locais, que dominaron o xogo. A próxima xornada será o domingo 10 de decembro contra o Céltiga F.C , un rival forte situado en terceira posición.

Na División de honra xuvenil, o CD Choco remata a súa boa racha, pero continúa facendo fronte a un dos equipos mais fortes da categoría.  Xogaron no campo do Deportivo, terceiros na clasificación. O Resultado foi 3-0, a favor do R.C. Deportivo. A seguinte xornada é o domingo 10 de decembro contra o Real Sporting, situados en 7 posición, inmediatamente debaixo da equipa redondelá que se atopa en sexta posición.

Primeira autonómica

O Arcade, situado na décimo-segunda posición tivo unha cita complicada, visitaron o campo do terceiro, o San Martín. O Resultado foi 5-0, unha derrota para o Arcade que deu a posibilidade ao San Martín de subir a segunda posición. A siguiente cita, na  decimo quinta xornada, vai ser contra o Pontellas, situado en ultima posición.

Segunda Galicia

O equipo de Cesantes moi necesitado de puntos recibiu ao Bueu. Tras un partido moi axustado os de Redondela levaron a vitoria cun resultado de 3 – 2.  Estes datos os  sitúa agora en penúltima posición a dous puntos do ultimo clasificado, o CD Xil contra quenes xogarán o seguinte domingo.

Os xogadores do Soutomaior, oitavos do grupo, xogaron no campo do Unión Dena, un rivel difícil por ser segundos na categoría. Perderon un partido no que lograron meterlles un gol, cun resultado de 3-1.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará