Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Plastic Omnium a un punto de ser líderes da súa categoría

408117413_837011325100463_4403117111990759879_n

Os mozos de Primera Autonómica do Club SAR BM medíronse esta fin de semana co primeiro clasificado, o Poio Artai. O resultado foi un empate a 22 goles por equipo, nun partido moi intenso onde o liderado da categoría estaba en xogo.

Os locais comezaron con moita contundencia, frustrando os ataques rivais e logrando unha ampla renda sobre os redondeláns durante os primeiros 14 minutos. Aos poucos, foron recuperando o  mal inicio e comezaron a recortar distancias. No descanso, o marcador reflectía 14-10, a favor dos de Poio.

Na segunda parte continuaron coa dinámica positiva que conseguiran no final do primeiro tempo e lograron igualar o partido no minuto 45 cun empate a 17 goles. A partir deste punto, viviuse no pavillón de Poio un intercambio de goles cheo de tensión. A falta de tres minutos para a finalización, os da SAR conseguiran darlle a volta ao electrónico, pero os locais non baixaron os brazos e cun par de boas accións ofensivas equilibraron o marcador e o partido terminou en táboas. O resultado final: 22-22.

Con este empate, o Poio Artai mantén a súa posición de líder, mentres que A SAR Plastic Omnium ocupa o segundo lugar na táboa clasificatoria cun punto de diferenza.

A próxima fin de semana terán xornada de descanso. Reiniciarán a liga o 16 de decembro fronte ao Granitos Ibéricos na Bombonera.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará