Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ángel Filgueira estrea “Cando toco un animal” no Fetival Novos Cinemas

WhatsApp Image 2023-12-15 at 10.18.57

O director redondelán Ángel Fillguera estrea, por primeira vez en Galicia, a súa ópera prima “Cando toco un animal”. Unha película intimista sobre relacións sentimentais e sexualidade na que partiu do persoal para profundizar de forma xeracional. 

O proxecto comezou en 2018 a cargo da produtora independente “Sétima”, con Silvia Fuentes e Anxos Fazáns á cabeza. En 2020 grazas a unha subvención do AGADIC poden comezar a rodaxe e este ano conseguiron estrear o filme a nivel nacional, pasando con éxito de acollida pola sección ‘Un impulso colectivo’ do Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona, D’A Film Festival. Filgueira salienta a participación en Mallorca no  Atlántida Film Fest, en Madrid no Festival Rizoma e en Albacete no festival Abycine.

As persoas asistentes a estes pases empatizaron coa película que o director considera “puro cine de autor no que a intención é comezar desorientando ao público para facelo atopar as claves da trama e acabar conectando coa mensaxe final”.

As protagonistas son Mariña (23) e Ada (25), unha parella que atopa novos vínculos afectivos, amorosos e sexuais a través dun amigo de ambas, Tomás (27). A película trata  seis momentos concretos do triángulo amoroso nos que os vínculos da mesma, tremen e se revólven. Esta historia de amor preséntase a través de seis instantes que transcorren ao longo dun ano nos que ese triángulo amoroso ten unha forma diferente marcado polas 4 estacións, de primavera a primavera.

“Cando toco un animal” clausura a programación do festival pontevedrés Novos Cinemas o domingo 17 de novembro ás 20 horas. Esta será a primeira vez que a película estréese en Galicia, despois dunha xira nacional exitosa e unha proxección futura que apunta ao seu visionado en salas de cinema locais cara comezón de 2024. Despois do visionado do domingo o director redondelán dará un coloquio no que interactuará co público e respostará a preguntas.

O director redondelán destaca o círculo creativo que supón a edición de Novos Cinemas deste ano, ao coincidir na apertura do festival e no peche dúas películas que teñen moito en común. “Á procura da estrela” de Carlos Martínez Peñalver tivo un perrorrido similar a “Cando toco un animal”, ambas están dirixidas por directores novos que pasaron polo Lab do festival e o seu proceso foi moi similiar ao pesar de non ter nada que ver na temática. Os dous directores galegos puideron coincidir moitas veces e compartir experiencias que Filgueira describe como “moi bonitas”.

De cara a 2024 “Cando toco un animal” poderá verse nas salas de cine independiente de Galicia, pasando por Numax en Santiago de Compostela e Multicines Norte en Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará