Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 500 escolares e familias participan das actividades de Érguete

érguete web

O Concello manterá a colaboración coa entidades de cara ao vindeiro ano para seguir traballando na prevención de adiccións e uso das novas tecnoloxías.

Os programa desenvolvido ao longo deste ano incluíron actividades destinadas á infancia, adolescencia e familias como o programa “Saúde na escola”, dirixido a estudantes de 6º de Primaria, celebrado nos colexios Outeiro das Penas e Santa Mariña, cun cento de alumnos participantes. No caso do programa “Non pasa nada, pasa algo?”, foron 114 alumnos e alumnas dos institutos de 3º da ESO dos institutos Illa de San Simón e IES Chapela mentres que na formación “Comunidade en liña” participaron 167 adolescentes de 6º de Primaria e 1º da ESO dos CEIP Quintela e Outeiro das Penas e do IES Chapela. Nesta actividade a rapazada aprendeu a xestionar o tempo que dedican ás novas tecnoloxías e o tipo de contido axeitado para eles. En total máis de 370 alumnos e alumnas participaron nestes programas desenvolvidos entre a asociación Érguete e o Concello de Redondela.

En canto ás actividades dirixidas ás familias celebráronse varias charlas destinadas a axudar a pais, nais e titores para aprender a poñer límites aos menores. O establecemento de límites e normas e un control sobre o uso que os adolescentes fan das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para evitar riscos foron algúns dos temas que se abordaron. No programa participaron familias dos colexios de Quintela, Outeiro das Penas e Santa Mariña, así como do IES Chapela. En total foron 156 familias participantes.

Desde o Concello de Redondela anuncian que este proxecto de colaboración continuará no próximo ano 2024. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a colaboración con este tipo de entidades “é fundamental” xa que fan un gran traballo “na sensibilización, formación e prevención das adicións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará