Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Poesía e fotografía en “Somos” de Manuel Queimaliños e Ignacio Pérez Rey

somos

O Café da Vila acolle ás 20:00 horas de hoxe xoves 28 a presentación do libro “Somos” que os seus autores definen como “un pequeno experimento poético-visual”. Unha publicación produto dunha amizade entre os seus coautores e que ve a luz logo dunha exitosa campaña de crowfunding.

Ignacio Pérz Rey

O libro é resultado dun diálogo constante entre imaxe e fotografía, dous elementos que van da man e se apoian o un no outro para explicar o cotiá, o día a día, a vida nas rúas, nas prazas, nos bares… As páxinas de “Somos” están cheas de retratos e de textos poéticos que se retroalimentan para coformar un libro que polo de agora non está nas librerías pero ao que podemos achegarnos na tarde de hoxe cunha presentación que terá lugar no Café de Vila.

Manuel Queimaliños Rivera

Espazos coma o Café da Vila, O royalty, Tálamo… pero tamén lugares máis afastados de nós forman parte do catálogo de imaxes que Ignacio Pérez puxo a disposición de Manuel Queimaliños, quen a súa vez puxo voz e palabra para reflexionar “a través de textos íntimos e emotivos”.

Un libro no que colaboran tamén Elena Muiños responsable da maquetación e edición e Diego Ricón “Calía” encargado do prólogo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará