Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco comeza o ano cunha vitoria

405882008_669045068547598_3171499803737692052_n

O Campo de fútbol Municipal Santa Mariña acolleu este domingo o último partido da primeira volta da liga de fútbol Preferente Galicia Sur.  O CD Choco enfrontouse ao Antela F.C cun resultado de  1 fronte a 0, a favor dos redondeláns. Suman os tres primeiros puntos do 2024, manténdoos no quinto posto da clasificación xeral e con máis esperanzas de chegar aos postos da cabeza. A seguinte xornada, 14 de xaneiro, será algo máis complicada. Enfróntase aos segundos da clasificatoria, a Sociedade deportiva Portonovo.

Cesantes –  Unión Dena

O CD Cesantes rematou a primeira volta con mal pé. Desprazouse ao campo As Cachizas para xogar contra o Unión Dena CF , os primeiros da clasificación, cun resultado de 8 fronte a 0. Nestes momentos están de últimos na táboa, empatados co Figueirido a 12 puntos. O 14 de xaneiro xogan contra o EF Cobres, oitavos na liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará