Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Rodríguez suma un gol á vitoria do Celta fronte ao Amorebieta

Captura de pantalla 2024-01-08 134511

Foto vía Europa Press

O Celta de Vigo clasifícase para os oitavos de final da Copa do Rei tras xogar un  bo partido en Urritxe ante o Amorebieta. O redondelán Miguel Rodríguez marcou o gol inicial no minuto 6. O canteirán, sen apenas minutos en liga, aproveitou a oportunidade como titular do primeiro equipo  marcando un gol e dúas asistencias. Este é o segundo gol que anota en Primeira División tras o que marcou ante ao Sevilla o curso pasado.

O partido estivo marcado polo mal tempo e o mal estado do campo embarrado. Acabou cun resultado de 2 fronte a 4 en favor dos de Vigo que remontaron na segunda parte con 2 goles de Anastasios Douvikas e un de Jailson Marques. Esta xornada supón unha remontada para o conxunto de Benítez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará