Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A marea de plástico mantense afastada das praias de Redondela

pellets

Os pellets xa chegaron a diferentes praias de todo o litoral galego

Así o afirma a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez quen asegura que dende o seu departamento estase a facer unha “vixilancia constante de todo o litoral do municipio ante a ameaza de contaminación polos pellets caídos dun mercante hai case un mes e que chegaron xa as rías de Vigo e Arousa malia que as zonas máis afectadas están máis ao norte, entre Ribeira e Muxía.

A edil insiste en que malia que polo de agora “non se rexistrou presenza destas bolas de plástico en ningunha das praias de Redondela”, desde o Concello están vixilantes e facendo un seguimento continuo o obxectivo de actuar “de inmediato” no caso de que se rexistrase a chegada de pellets ás nosas praias.

Martínez lembra que no caso de que algún veciño atope restos deste tipo debe poñerse en contacto co Concello ou co servizo 112 para dar conta do achado. A concelleira advirte que existe un protocolo para a recollida destes pellets que se está a difundir a través das redes con recomendacións como o uso de luvas ou a recollida co peneiras para filtrar a area.

Ao igual que no resto da ría de Vigo mantense a alerta desde o pasado mes de decembro, alagaron a costa de Muros, Noia, Oleiros, Outes e a Mariña lucense, procedentes dun colector perdido por un buque en alta mar. O 112 recibiu avisos por presenza de pellets na ría de Vigo nas praias de Canido, Prado e Madorra (Nigrán) e Viñó e Nerga (Cangas), mentres que tamén se detectaron en Area dos Cans, na Illa de Ons.

Un novo vertido na costa galega que está a provocar unha enorme preocupación entre a cidadanía xa que estas diminutas esferas de plástico supoñen unha verdadeira ameaza para o medio ambiente, xa que poden ser inxeridas por aves, mamíferos mariños e peixes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará