Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela creará este ano unha ordenanza para regular a vivenda de aluguer turístico

se alquila

O pleno do concello aprobará este xoves unha moción presentada conxuntamente por PSOE, AER e BNG na que se comprometen a poñer en marcha neste 2024 unha normativa que regule o alugueiro turístico en Redondela. Tamén se comprometen a establecer no PXOM as máximas porcentaxes de vivenda de carácter público que legalmente se permitan e instan a Xunta a que se poñan en marcha medidas efectivas para incrementar o mercado de vivenda de aluguer a prezos asequibles.

Unha moción que nace logo de que unha veciña de Redondela recollera durante varias semanas un total de 3.000 sinaturas de veciños e veciñas que entenden que o encarecemento dos prezos da vivenda está a ser unha das principais problemáticas para unha parte importante da cidadanía. Uns prezos no aluguer que sitúan os pisos na vila por riba dos 500 euros mensuais, unha mensualidade prohibitiva para moitos.

Na moción, os tres grupos políticos sitúan a crise do acceso a vivenda no ano 2008 “milleiros de familias mesmo con certa estabilidade laboral, a xente moza, colectivos en risco de exclusión social pasaron a formar parte de cidadáns que se atoparon con que o acceso á vivenda levábase por diante o seu proxecto de futuro”.

Entenden que neste contexto as administracións públicas dende a estatal, a autonómica e a local están obrigadas a desenvolver políticas de acceso á vivenda centradas en diferentes aspecto e que pasan por actuar sobre a vivenda baleira, planificar os usos do parque residencial, facilitar o acceso ao parque público de vivenda e deseñar unha estratexia para intervir no mercado do alugueiro.

Apunta tamén outra realidade que está a incrementar o problema: a recente entrada no mercado dos denominados “pisos de aluguer turístico”, sendo Redondela “un claro exemplo deste boom inmobiliario, que reclama iniciativas decididas.

A moción, que sairá adiante ao contar co apoio aló menos dos tres grupos que a presentan, anuncia que o Concello de Redondela “dotarse da súa propia ordenanza do réxime de alugueiro turístico no presente ano” e insta á Xunta a creación dun parque permanente de vivenda pública así como a poñer en marcha plans efectivos como o de rehabilitación de vivendas baleiras para que volvan ao mercado e poidan aumentar a oferta de forma considerable para reducir os prezos facilitando a acceso universal á vivenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará