- Este evento pasou.
Entroido de Redondela – Queima do Meco
Febreiro 13 @ 17:00 - 22:00
O Martes de Entroido seguirá a tradición e engadirá sorpresas con actividades e obradoiros para toda a familia.
De 17:00h a 18:30h transcurrirá o desfile e Concurso de Disfraces individual e colectivo. A inscrición faise o mesmo día nos soportais do Concello dende ás 16:0oh. A entrega de premios será no mesmo lugar da inscrición ás 18:45h.
Mentres os participantes do Concurso de Disfraces mostran as súas ideas e traxes nas rúas, os máis cativos e cativas poden participar, a partir das 17:00h. nos obradoiros infantís gratuitos que estarán instalados na Alameda de Castelao con monitores profesionais. Simultáneamente, ás 17:30h A Duendeneta, a discoteca móbil do Entroido, percorrerá o centro da Vila cun pasarrúas.
A Queima do Meco comeza ás 19:00h cun pasarrúas a cargo de Troula Animación co espectáculo ‘Lume’ dende a Praza de Ribadavia ata a Praza do Concello onde terá lugar a tradicional queima do Meco.
Para rematar o día, ás 20:30h A Duendeneta voltará coa súa discoteca móbil na Rúa Alfonso XII para celebrar con música e espectáculo co peche do martes de Entroido.