Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo de teatro infantil: As palabras perdidas

Abril 14 @ 18:00 - 19:00

O Ciclo de Teatro Infantil da Programación de Inverno do Concello de Redondela remata coa obra ‘As palabras perdidas’ da compañía Inventi Teatro. Terá lugar no Auditorio da Xunqueira ás 18:00 horas con entrada a prezo reducido de 3 euros.

RESUMO DE ‘AS PALABRAS PERDIDAS’

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia,  borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.  “As palabras perdidas” é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.

Detalles

Data:
Abril 14
Hora:
18:00 - 19:00