Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de Tai-Chi e expresión corporal en Cabeiro, Reboreda e Saxamonde

RR_Noticias

Os cursos, que son de balde, impartiranse dende mediados do mes de marzo ata finais de xuño, un día á semana. Reboreda e Saxamonde contarán cun curso de Tai-Chi mentres que o de expresión corporal impartirase no Centro Recreativo de Cabeiro.
 

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza tres cursos, dous de tai-chi e outro de expresión corporal para persoas adultas dentro da programación do mes de marzo en tres parroquias redondeláns. O obxectivo destas actividades é propiciar que tanto as mulleres coma os homes teñan ao seu alcance distintas posibilidades de formación que lles permitan ocupar activamente o seu tempo, ademais de relacionarse con persoas doutras xeracións e co seu contorno, participando activamente nas asociacións das parroquias.
Reboreda será a primeira parroquia na que se iniciará o programa de actividades cun curso de Tai-Chi que comezará o 15 de marzo e prolongarase até o mes de xuño todos os luns de 18.30 a 19.30 horas. O outro curso desta disciplina comezará dous días despois, o 17 de marzo na Asociación de Mulleres Rurais de Saxamonde e rematará a finais de xuño. As clases impartiranse todos os mércores de 19.00 a 20.00 horas.
A terceira actividade que oferta a Concellería que dirixe a nacionalista Rosa Costas centrarase na expresión corporal e destinarase a persoas maiores. A clases comezarán a partir do 18 de marzo, todos os xoves de 19.00 a 20.30 horas, no Centro Recretivo de Cabeiro.
Os curso, son gratuítos e  van dirixidos tanto a mulleres coma a homes. As inscricións, deberán facerse en persoa, en cada unha das asociacións ou centro onde se van desenvolver. Para máis información pode dirixirse ao CIM na rúa Isidoro Queimaliños, número 2 de Redondela, ou no  teléfono  986 408 043.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará