Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Axudas para o desenvolvemento rural e promoción de actividades turístico pesqueiras

RR_Noticias

Promover a competitividade do sector agrogandeiro e forestal, diversificar a economía rural ou poñer en marcha proxectos de promoción das actividades turístico-pesqueiras, son algunhas das iniciativas que poden beneficiarse das axudas da Unión Europea. Técnicos da Mancomunidade informarán das subvencións nunha reunión que secelebra hoxe martes ás 20:00 horas no Multiusos            

Na tarde de hoxe, técnicos do Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade de Vigo desprazaranse ao Multiusos da Xunqueira para informar a todos os interesados das subvencións que concede á Unión Europea a aqueles proxectos que contribúan ao aumento da competitividade do sector agrogandeiro e forestal, á mellora da calidade de vida, o medio ambiente e o contorno rural, á diversificación da economía rural, ou a promoción das actividades turístico-pesqueiras. Unhas axudas a fondo perdido que poden supor ata un 45% da inversión no caso de proxectos produtivos ou ata o 100% nos non produtivos. O orzamento destas axudas para o período 2007-2013 supera os 5 millóns de euros. Na concesión das axudas primarase a innovación, a creación de postos de traballo, a contribución á fixación da poboación rural e á elevación das rendas e do benestar social dos habitantes, así como a valorización do noso patrimonio natural e cultural.

Marco Antonio García xerente
Dende a Mancomunidade infórmase das axudas para proxectos tanto produtivos como non produtivos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará