Foto: Protección Civil Redondela
Árbores caídas, postes de telefonía que se viñeron abaixo así como caía de muros e noiros en diferentes puntos do municipio foron algunhas das incidencias máis salientable dunha fin de semana marcada polas fortísimas precipitacións e o temporal de vento que afectou a toda Galicia e que tamén se fixo notar nas Rías Baixas.
A alerta laranxa desta fin de semana provocou diferentes incidencias no noso Concello, con caídas de árbores na Alameda Rosalía de Castro en Chapela e no paseo do Maceiras, tamén a caída dun poste da liña telefónica no Camiño Pereira en Reboreda e varios muros que se viñeron abaixo no Camiño do Sapal en San Esteban e na Formiga en Cedeira.
Con todo, dende a Policía Local insisten en que se trata de incidencias de carácter leve malia as intensas precipitacións que se fixeron sentir ao longo de toda a fin de semana.