Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas organiza un curso sobre igualdade tras acusar o PP de “machista” ao voceiro do BNG

pleno

A alcaldesa Digna Rivas entende que “hai que evitar que se empregue o termo machista alegremente, banalizando este termo” en referencia ao acontecido no pleno no que se aprobou inicialmente o PXOM e no que a edil popular Ana Alonso chamou machista ao nacionalista Xoán Carlos González tras acusala el de actitudes antidemocráticas cara unha mesa electoral o 18F. O curso está aberto a concelleiros e concelleiras da corporación municipal e desenvolverase o martes día 5.

A polémica segue viva unha semana despois do altercado vivido no pleno extraordinario do pasado 21 de febreiro. Logo de que o voceiro do BNG Xoán Carlos González acusara a edil popular Ana Alonso de realizar prácticas antidemocráticas nunha mesa electoral en Cedeira, o PP cualificou de actitude machista o comportamento de González e acusou á alcaldesa de ser cómplice por non permitir a Alonso o uso da palabra.

En vista da polémica xerada o goberno local decide ofrecer un curso “para que as concelleiras e concelleiros que non dispoñan de formación en igualdade poidan obtela” xa que ao entender da alcaldesa os concelleiros “deben dar exemplo”, e non banalizar un cualificativo tan serio como é o de “machista” xa que o machismo “é un problema social moi serio e moi grave como para utilizalo tan alegremente”.

O curso será impartido pola educadora social e axente de igualdade, Lucía Pereda e abordará cuestións como os roles e os estereotipos de xénero, o machismo e o sexismo, o feminismo, a igualdade formal e a igualdade real, a discriminación por razón de sexo e por razón de xénero, a linguaxe non sexista e a violencia de xénero, entre outras cuestións.

A rexedora local confía en que todos os concelleiros e concelleiras participen nesta actividade, xa que como representantes públicos da veciñanza deberían contar con este tipo de formación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará