Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“As costureiras” serán protagonistas do 8M en Soutomaior

8m souto

A programación do concello de Soutomaior en torno ao Día Internacional da Muller leva por nome “Abrindo costuras” e busca homenaxear e lembrar a historia das Mulleres costureiras do concello. Entre as actividades previstas está a proxección do documental “María a das mil flores” en torno a unha veciña do concello popularmente coñecida como María “a Coxa”. Haberá tamén obradoiros, charlas e música coa actuación de Caamaño&Ameixeiras no Multiúsos de Arcade o propio 8 de Marzo ás 20:00 horas con entrada de balde.

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller pon en marcha a campaña municipal “Abrindo costuras” co gallo do Día Internacional da Muller. Con esta campaña preténdese visibilizar a historia das Mulleres costureiras, a súa achega á vida laboral, ó mundo dos coidados, á creación de redes de sororidade entre mulleres e a nutrición das redes comunitarias.

Baixo esta temática a programación arranca o día 6 de marzo coa 1ª convocatoria do Consello Feminista Municipal e o obradoiro “Fiando a nosa historia feminista” da artista téxtil mexicana Maritza Berttolini.

O xoves 7 de marzo terá lugar a proxección do documental “María a das mil flores” popularmente coñecida en Soutomaior como María “a Coxa”, unha peza audiovisual de Raquel Fernández e de Coral Piñeiro, que ilustra quen foi María e a importancia do seu legado.Vencellado con este legado créase o Recoñecemento “María a das Mil Flores” co obxectivo de dar luz ás mulleres da vila que son referentes para o desenvolvemento do tecido comunitario desde diferentes ámbitos da súa vida.

Trala presentación do documental chegará a quenda do faladoiro “abrindo costuras” dirixido por Cristina García, directora-psicóloga do CIM e no que estarán tres veciñas de Soutomaior vencelladas co mundo da costura no concello que son María Josefa Martínez Portela, Pilar Viceiro Filgueira e María Benita Pardal Barreiro. Unha cita que tamén contará coa actuación do músico tradicional Marcelo Dobode.

O Día Internacional da Muller terá lugar a colocación da placa conmemorativa na Avenida Xosé Solla de Arcade. Unha placa realizada pola artista local Paula Pereira.  Xa pola tarde dese 8M terá lugar unha das citas máis destacadas da programación co directo de Caamaño&Ameixeiras no Centro de Benestar Integrado (Multiusos) ás 20:00 h. Unha cita que será de balde ata completa o aforo.

A programación continuará o xoves 14 co obradoiro de “Upcycling glamour to quilt” impartido por A Canalla.  As inscricións serán on line tanto para este obradoiro como para o de “Fiando a nosa historia feminista” .

O xoves 21 d marzo pecharase a programación coa proxección de FÍOS FORA de Illa Bufarda ás 19:00 no Multiusos con posterior faladoiro de “Retos feministas da costura na actualidade” que contará coa presencia de Adriana P.Villanueva, co-directora do documental, Adanegra textil (presentación do proxecto ASAIA filosofal, La Canalla (téxtil e moda artesanía de Galicia) e FENTO (Plataforma de divulgación a moda sostible galega).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará