Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello sanciona a Urbaser con 3.000 euros por non limpar os colectores

RR_Noticias

A empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo deberá abonar esa multa por ter cometido unha falta grave tal e como se recolle na normativa. A unanimidade dos grupos non evitou o debate, xa que segundo o PP reclamou “responsabilidades políticas” por ter adxudicado o servizo a “unha empresa que xa incumprira con anterioridade”

A corporación municipal de Redondela aprobou onte por unanimidade sancionar á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida do lixo, por incumprimento de contrato por non manter limpos os colectores. A unanimidade entre todos os grupos presentes na corporación non evitou que se producira un longo debate, xa que a voceira do PP, Franscisca Canal aproveitou a súa intervención para cargar contra a decisión do goberno local de conceder a esta empresa a adxudicación do servizo por un período de 20 anos “a pesar de que incumpría se xeito reiterado o prego de condicións”. Entenden non PP que existen responsabilidades políticas por parte de PSOE e BNG “por adxudicar a recollida a Urbaser sen ter en conta o deficiente servizo que estaban a dar” e por non poñer en marcha a Comisión de servizos privatizados. O voceiro do PSOE, Emilio González Iglesias lembrou que se adxudicou a Urbaser porque era a mellor oferta das presentadas e que “sería ilegal” adoptar outra decisión. Insistiu tamén en que o servizo está sendo controlado por parte do goberno “cómo o demostra o feito de que se sancionen os incumprimentos”. Dende o BNG, o concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos criticou as “xeralidades do PP” e instou a Canal a “que denuncie os incumprimentos da empresa e que o goberno actuará abrindo un expediente e resolvendo”. Urbaser deberá agora facer fronte a esta sanción, cuxa contía ascende a 3.000 euros tal e como se recolle na normativa que prevé sancións de ata 6.000 euros en concepto de faltas graves.

Franscisca Canal PP
Os populares pediron responsabilidades políticas
Emilio González Iglesias PSOE
Os socialsitas lembbraron que Urbaser foi a mellor das ofertas presentadas ao concurso
Carlos Pazos BNG
Dende o bloque instouse ao PP a presentar denuncias concretas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará