- Este evento pasou.
Curso de primeiros auxilios en Pazos de Borbén
Abril 1 @ 08:00 - Abril 12 @ 17:00
A actividade, completamente de balde, desenvolverase os días 17, 18, 19, 22 e 23 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no salón de actos do Concello de Pazos de Borbén. o prazo de inscrición está xa aberto no rexistro municipal.
Orientado a maiores de 18 anos, o propósito do curso é proporcionar as ferramentas e a formación necesaria para actuar en casos de accidente ou doenzas repentinas antes de que cheguen os servizos médicos. Os primeiros auxilios poden marcar a diferenza entre a vida e a morte, polo que é vital que as persoas saiban como aplicar as técnicas axeitadas en situacións de emerxencia.