Foto de Patry Rivas
O ultimo derbi galego da tempada en División de Honra Prata Feminina rematou en derrota para a SAR Rodavigo. As mozas de Vero Posada recibiron ao Balonmán Cañiza, rival directo, e perderon cun marcador final moi axustado de 29 fronte a 31. A pesar deste resultado, teñen a permanencia matematicamente asegurada.
SAR Rodavigo – Balonmán Cañiza (29-32)
As nosas mozas da SAR encaran a recta final da competición. Xa coa permanencia na categoría conseguida, esta fin de semana enfrontáronse a un dos equipos galegos rivais, o Balonmán Cañiza.
O partido tivo dúas partes claramente diferenciadas: a primeira, con dominación local, na que o equipo foi por diante no marcador durante os 30 minutos (18-16, ao descanso); e a segunda, na que o equipo visitante tan só necesitou de 3 minutos para colocarse por diante no electrónico (18-19, min 33) e non abandonar esa posición ata que soou a bucina final cun resultado de 29-32.
Un partido moi intenso, no os equipos eran rivais directos pola proimidade en puntos e no que ambos dérono todo para facerse coa vitoria e fixeron gozar a ambas as afeccións dunha boa tarde de balonmán.
A próxima xornada, á volta de Semana Santa, terán o seu último desprazamento da tempada. Viaxarán a Asturias para enfrontarse ao Balonmán Siero.
PRIMEIRA AUTONÓMICA
AD Carballal – SAR Plastic Omnium (20-33)
Os mozos daSAR vencían na súa visita á pista do Granitos Ibéricos Carballal, pechacancelas do grupo, cun resultado final de 20 fronte a 33. Foi un partido cómodo para o equipo que permitiu facer rotacións no banco e que todos os xogadores gozasen de minutos no campo. A pesar dos erros e imprecisións en ataque, os nosos mozos lograron chegar ao descanso cunha vantaxe de 7 tantos sobre o seu rival (12-19, min 30). Na segunda metade, ampliaron aínda máis a diferenza e levaron a vitoria por 20-33. Á volta de Semana Santa, disputarán o último partido de liga fronte ao Atlético Novás.
Novás B – Balonmán Chapela (30 -29)
Non tiveron a mesma sorte o equipo séniro masculino do BM Chapela que asumiron unha derrota axustada na súa visita á pista do Novás B, sextos do grupo. O resultado foi de 30 fronte a 29. Un único gol marcou a diferencia do empate.