Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta das mariscadoras de Arcade contra “o abuso de poder” que sofren por parte da Confraría

confraría

O colectivo concentrábase hoxe ás dez da maña no porto de Arcade para denunciar a negativa do patrón maior a permitirlles o uso do barco da Confraría para ir aos bancos marisqueiros. Rexeitan tamén o incremento “abusivo e sen xustificación” da taxa que paga cada unha das traballadoras anualmente, que pasaría dos 50 actuais a 650 euros “cando estamos a atravesar un momento especialmente difícil”.

Rita Míguez, presidenta Anmupesca e portavoz das mariscadoras

Nun ano especialmente complicado para as mariscadoras en xeral e para as de Arcade en particular, estas traballadoras están a vivir a maiores un conflito interno na Confraría. A súa portavoz e presidenta de Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) Rita Míguez fala de “coacción” por parte do patrón maior, Gonzalo Reinoso, quen lles nega o uso da barco que precisan para desprazarse aos bancos alegando que teñen unha débeda co pósito “unha suposta débeda que ascendería a 14.000 euros e que non está avalada por ningún informe técnico nin económico”.

Míguez explica que as 70 mariscadoras da confraría non poden asumir esa cantidade e engade que, “malia sermos o sector que menos gastamos e que menos ingresamos, porque levamos paradas dende outubro” pretender incrementarnos a cota anual “un incremento completamente desproporcionado” que as obrigaría a pagar 650 euros ao ano, cando actualmente pagan 50. “Nos están coaccionando e estamos padecendo un acoso laboral que non imos consentir”

O vindeiro luns reuniranse con responsables da Xunta en Vigo para solicitar que medien no conflito. O martes volverán concentrarse en Arcade tamén para poñer en común o que nos digan  e anuncian novas mobilizacións en vindeiras datas como unha manifestación en Arcade o venres 5 de abril. “o que queremos é que todo o mundo saiba a situación que estamos a padecer”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará