Foto: Patri Rivas
Os dous equipos de Redondela que militan na primeira autonómica xogan na casa o seu último partido de liga. Un peche que non foi todo o positivo do esperado, xa que en ambos os dous casos os locais caeron ante os seus rivais, a SAR Plastic Omnium ante o Atlético Novás e o Chapela ante o Grove, En todo caso, a competición non remata e a SAR aínda ten por diante os partidos da Final 4, onde hai en xogo unha praza para a fase de ascenso a Primeira nacional.
Sar 31- 33 valinox novás
A bomboneira acollía este sábado un partido no que os mozos de Manolón non se xogaban nada o que non impediu que se vivira un partido intenso. Os locais mandaron nos primeiros minutos de partido cun 8-4 no marcador nos primeiros dez minutos con boas accións ofensivas e apoiados cunha boa actuación do porteiro que permitiu manter esa vantaxe ata o final do primeiro tempo, chegándose ao descanso cun 19-15.
A segunda metade arrancou de xeito semellante pero os do Rosal foron quen de ir acurtando distancias e lograron colocarte a tan só un tanto de diferenza no minuto 46. A partir dese intre os da Sar caeron ante a presión dos visitantes, que empataron o encontro a falta de tres minutos para a finalización e leváronse a vitoria por 31-33.
Malia a derrota o equipo da SAR remata a competición en cuarta posición e con 33 puntos. Unha clasificación que lles permite disputar a Final 4, onde hai en xogo unha praza para a fase de ascenso a Primeira Nacional. Os partidos terán lugar os días 20 e 21 de abril en Carballo. O seu rival en semifinais é o Magope Seis do Nadal, terceiro clasificado.
Balonmán Chapela 23-36 O Grove Rasoeiro
Tampouco houbo sorte no pavillón Manuel González Soto de Chapela. O equipo da parroquia caía ante o Grove. Unha derrota que os deixa no décimo posto da clasificación.
Na división de honra prata feminina, as mozas da SAR aínda non retomaron a competición logo do parón de semana santa. Será na videira fin de semana cando disputen o seu último desprazamento. Viaxarán a Asturias para enfrontarse ao Balonmán Siero.