Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos perde ante o líder e o Campito Chapela recupera ilusión

436338711_917678053702599_6524116225531025554_n

Fin de semana de cambios no fútbol sala local gracias as dúas vitorias seguidas do Campito Chapela que os afasta do último posto. Menos sorte tiveron o Pazos e o Redondela que suman derrotas claras, pero non se atopan en perigo de descenso.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL

Noia F.S. Portus Apostoli “B” – SD Pazos de Borbén FS (9-1)

Derrota ampla do SD Pazos de Borbén FS contra o líder desta tempada que destaca por unha diferenza de 11 puntos entre os segundos da táboa. Os de Matilla levan unha mala racha de 4 partidos perdidos cos que se sitúan na novena praza na que aseguran a permanencia, pero que sentencia ao equipo a renovar en Terceira División deixando os soños de ascenso este ano. Quedan 5 xornadas par rematar a liga e o próximo domingo 14 de abril reciben ao Vilalba FS “B”. Un partido que promete ser interesante , porque o rival irá con forza ao estar moi preto do descenso e necesitado de puntos.

PREFERENTE

FS As Neves –  Redondela  FS ( 4-2)

Derrota tamén para o Redondela que se sitúa de oitavos na táboa xeral. Partido difícil ante un rival dentro dos 4 primeiros postos. O seguinte domingo está programado un partido contra o Verín Cigarrón FS, pendente de confirmar pola suposta retirada do equipo da competición.

Vincios Gondomar F.S. – Campito Chapela FS (3-7)

O Campito Chapela FS recupera ilusión cunha racha de dous partidos gañados. A última xornada marcou unha vitoria clara ante o Gondomar que os afasta do último posto deixando de ser o pechacancelas do grupo. Na Seguinte xornada reciben ao Valladares, líder da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará