Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Serán solidario de Redondela recada máis de 5.000€ para Palestina

palestina serán

A cita reivindicativa e festiva celebrada no Multiúsos da Xunqueira e organizada polos integrantes do Colectivo pro-Palestino de Redondela permitiu reunir máis de 5.000 euros que serán entregados na súa totalidade a Unrwa, a Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina. A venda das obras doadas por máis de 40 artistas permitiu recadar 3.800 euros, mentres que os 1.200 restantes proceden dos donativos dos espectadores que asistiron ao evento poético musical celebrado o 5 de abril.

As organizadoras do evento, que contou coa colaboración de Sinha Paca, o Colectivo Republicano de Redondela, BDS Galiza e o Concello, amosaron a súa satisfacción pola resposta da cidadanía “o que demostra a sensibilidade co sufrimento da poboación palestina”. Unha colaboración que se concretou nas vendas das obras de arte dos máis de 40 artistas que de xeito solidario doaron cadros e esculturas que foron adquiridas polas persoas interesadas a través do sistema de poxa.

Obras entre outros de Angel Barros,  Chus Guedella, Xio Mos, Jorge Lens, Luis Davila, Lucía otero, Chus Láuzara. Algunhas das obras que non foron adquiridas estarán decorando a cafetería Guay e o público interesado aínda está a tempo de facerse con algunha delas. O resultado deste evento solidario trasladouse ás persoas presentes o pasado día 15 na Praza do Concello, na concentración habitual de cada luns, convocada polo Colectivo Pro-Palestino de Redondela. Outra mostra máis do compromiso da vila dos viadutos coa causa palestina, xa que é unha das poucas localidades que mantén esta protesta semanal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará