Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Combo Dominicano, un tributo a U2 e o Showcooking máis innovador para celebrar a XXXVII Festa do Choco

IMG20240425105159

A  Festa do Choco segue a fórmula dos últimos anos que convina as grandes orquestras, os DJs locais, a musica tradicional e a gastronomía máis innovadora nunha ampla e variada programación cultural, na que o público poderá desfrutar de actuacións musicais, baile e actividades variadas durante os tres días de celebración do 10 ao 12 de maio.

Como non podía ser doutra maneira, volven as Xornadas Gastronómicas do Choco, nas que participan diferentes establecementos da vila do 6 ao 12 de maio. Tanto na carpa do campo da feira como nos locais de hostalaría, Redondela ofrecerá estes días as mellores receitas que queren mostrar a tradición e a innovación. Haberá pratos típicos como a empanada de millo, o arroz con chocos ou os choquiños na súa tinta e tamén propostas orixinais como o pan bao de choco ou a pizza de choco. Nesta edición atopamos na carpa a: Restaurante o Tranquilo, Restaurante Casa Chano, Panadería Luisa, Panadería Alejandra, Paladarqueso, Anaquel Goumert, Novo Royalty, e Vigo e os catro elementos.

Os establementos que participan nas IV Xornadas Gastronómicas son Novo Royalty, A Cova, Pizzería Bos Aires,  Papagaio Bistró . Explicaba  alcaldesa Digna Rivas que, aínda que a festa ten atractivo cultural e musical, “o protagonista será o Choco de Redondela, o noso produto por excelencia, o mellor choco do mundo, capturada nas augas da Enseada de San Simón”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

A Pizzería Bos Aires presentara o ano pasado a pizza de Choco e foi “todo un éxito”, polo que deciden mantela xunto coa calzzone de choco, a pasta con choco ou o arroz con choco. Todo dentro da súa liña habitual baseada na cociña italiana para fusionala coa galega.

Bos Aires.

Outro exemplo de innovación é Papagaio Bistró que “pretende darlle a volta a un prato tradicional” fusionando a cociña galega coa asiática. No seu menú atópase o cebiche de choco ou o pan bao de choco.

Papagaio Bristró.

Destaca tamén a participación do alumnado do Obradoiro de Hostalaría “Redondela TIC III”, que serán os encargados dun “Showcooking” o sábado, onde amosarán en directo a elaboración de varios pratos a partir da 13:00 horas no Campo da Feira.

A  empresa local Eurored voltará a ser a encargada de engalanar as rúas para a celebración con redes e outros aparellos mariñeiros. Digna Rivas destacou o traballo que fai Eurored neste sentido e agradeceu “aos seus propietarios e ao seu director a colaboración e axuda que nos adican cada ano”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

Como complemento a exaltación gastronómica do choco de Redondela, a festa conta cunha ampla programación de actividades. A música tradicional estará presente coas actuacións de grupos como Airiños de San Simón, Tanto os Ten e O Carballo das Cen Pólas. Non faltará a verbena, que arrancará xa o venres coa gran orquestra Combo Dominicano e o domingo Gran Parada. A aposta musical para a noite do sábado conta con U2 Zen Garden, grupo italiano considerado o mellor tributo á banda irlandesa e outras propostas locais como a Orquestra de Saxos, a Banda de Música de Chapela, a Rondalla de Redondela e a sesión do recoñecido DJ redondelán Rodri Vegas & Enter.

As rutas en barco cos viaxes á illa de San Simón e visita á illa desenvolveranse durante o sábado e o domingo en distintos horarios e cun prezo de 5 euros persoa. O 11 de maio o barco sae do peirao do museo de Meirande ás 12:00 horas e onde o porto de Cesantes en dúas quendas, un ás 16:30 horas e outro ás 17:30 horas. O domingo 12 a saída é a mesma hora dende o peirao de Meirande e dende o porto de Cesantes adiantase media hora para saír ás 16:00 horas a primeira quenda e ás 17:00 horas o segundo.

Venta de entradas no museo Meirande (986 458 891) e na oficina de turismo de Redondela (986 40 17 13). En caso de esgotarse as prazas a navieira ofertará novas visitas a través da súa páxina web www.crucerosangel.com

Na presentación do evento, declarado de Interese Turístico de Galicia, participaron a alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, así como unha representación da Confraría de Redondela e dos hostaleiros e hostaleiras que ofrecerán durante estas xornadas este exquisito cefalópodo elaborado con diferentes preparacións. Na presentación participaron tamén algúns dos hostaleiros que fundaron esta festa, como Manolo Conde e José Manuel Durán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará